15/09/2017
Este luns ás 18:00 no salón de actos da facultade de socioloxía da UDC estarei no III Feminario presentando a exposición de mulleres fotógrafas "Un cuarto de revelado propio", non só falarei da obra de todas as protagonistas da expo, senón tamén das dificultades que tiven durante a investigación e do que me aportou persoalmente. Ademais terei a sorte de que me presente a artista Inma Doval!
Despois da presentación haberá un descanso, polo que poderedes aproveitar para ver as infografías 😉