06/08/2026
📖📰 Hoxe queremos compartir con vós esta reportaxe publicada en La Región sobre a nosa exposición 𝐇𝐨𝐫𝐢𝐳𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐩𝐥𝐚𝐧𝐨𝐬. 𝐍𝐚𝐫𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨.
Un proxecto que pon en diálogo os debuxos de paisaxe realizados por Vicente Risco hai un século coa mirada contemporánea de Carmen Blanco Fotografía , invitándonos a reflexionar sobre como mudou o noso territorio e a importancia de conservar a súa memoria. 🌿📷
Queremos agradecer a La Región o interese por dar visibilidade a esta iniciativa e animarvos a visitar a exposición . Unha oportunidade para descubrir, comparar e pensar a paisaxe galega de onte e de hoxe. 💚
📍 𝐇𝐨𝐫𝐢𝐳𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐩𝐥𝐚𝐧𝐨𝐬. 𝐍𝐚𝐫𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨
📅 𝐀𝐭𝐚 𝐨 𝟑𝟏 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨
🏛 𝐅𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨 · 𝐀𝐥𝐥𝐚𝐫𝐢𝐳
https://www.laregion.es/allariz/do-lapiz-camara-ourense-cen_1_20260806-4376841.html
Agardámosvos! 😊