05/02/2026
Mañá estamos de estrea! 🎥
Curta documental "O mestre Antonio Roade"
Cines Municipáis de Ramallosa
18:00h.
‼️📽️O Concello de Nigrán estrea este venres 6 de febreiro ás 18:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa a curta documental 'O mestre Antonio Roade', encadrado na iniciativa municipal 'Nigrán na memoria'. Deste xeito, a entrevista realizada por Cris Grande a Antonio González Roade, profesor retirado de 90 anos, pasará a engrosar o Arquivo Histórico Audiovisual de Nigrán xunto coas realizadas a mulleres nigranesas representantes de oficios desaparecidos (a muiñeira Rosa 'de Malde', a redeira Rosalía González e a campaneira Esther Nande) ou a reportaxe sobre o rehabilitado muíño de Porto do Molle.
🧑🏻🏫O obxectivo do Concello, neste caso, é poder retratar en boca do mestre veterano do municipio o sistema educativo de posguerra, con clases saturadas de estudiantes, sin segregar por idades, con escasísimos recursos e cun método docente antagónico ao do día de hoxe. A entrada é de balde ata completar o aforo e a duración da curta é de 36 minutos, tras a cal se establecerá un coloquio co protagonista, Antonio González Roade, coñecido polo seu alumnado como 'Antonio Roade'. “