02/08/2023
Un ano máis, o pobo fai feira!
Aquí vos deixo a miña aportación a este día tan bonito e especial para Curtis. Grazas por confiar en min para crear os vosos recordos, por bailar e rir comigo, polos vosos sorrisos ante a cámara. Grazas por permitirme desfrutar do meu traballo.
E sobretodo, grazas polas palabras de cariño que recibo sempre e por valorar tanto a miña forma de mirar. Traballar así é unha sorte.
Grazas tamén ao Concello de Curtis e Feira 1900 Curtis , e a tódalas persoas que organizan esta feira, que son moitísimas. Colaborades e traballades moi duro para que isto saia sempre adiante e poidamos desfrutar da maxia da feira. Ver a todo o pobo unido grazas a isto é algo que sempre imos recordar. Oxalá seguir con esta tradición moitos anos máis.
E por último, dicirvos unha vez máis que estas fotos son vosas. Compartídeas e desfrutádeas. Se alguén quere as fotos con calidade, non tedes máis que pedirmo. Ao descargalas de Facebook sempre perden un chisquiño. Podedes contactarme por aquí por Facebook, por Instagram ( ) ou por WhatsApp (689893771), e enviaréivolas encantada.
E se algunha vez precisades unha fotógrafa que vos retrate, aquí estou para o que sexa!
Ata o ano que ven xentiña!💙