Louw____

Louw____ Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Louw____, Cámaras/fotografía, Ferrol.

JENARO PEREZ VILLAAMIL•Nacido en Ferrol en 1807, chegando a vivir ata menos dos 50 anos, e viviendo unha das épocas máis...
04/05/2020

JENARO PEREZ VILLAAMIL

Nacido en Ferrol en 1807, chegando a vivir ata menos dos 50 anos, e viviendo unha das épocas máis turbulentas da historia do noso país, Jenaro logrou convertirse nun dos máis importantes pintores románticos da historia do noso país. As súas pinturas adornan hoxe os salóns do museo do Prado en Madrid e é recoñecido como o gran paisaxista que foi.
Na súa vida, pasaría dende entrar no exército liberal, a viaxar a Puerto Rico a decorar un teatro, e ata incluso, ser pintor de cámara de reina Isabel II.
Gracias a gran influencia do paisaxista escocés David Roberts, a súa obra centrase principalmente no paisaxismo e no retrato de edificios chegando a convertirse, como dicíamos, no maior representante do paisaxismo romántico no noso país.

RODOLFO UCHA•Por moito tempo, Ferrol tivo, e ten, a fama dunha cidade aburrida e morta, incluso polas propias persoas qu...
04/05/2020

RODOLFO UCHA

Por moito tempo, Ferrol tivo, e ten, a fama dunha cidade aburrida e morta, incluso polas propias persoas que viven na cidade, quenes en moitos casos chegan a ser os máis a desprestixan e infravaloran.
Pero se chegas a levantar a vista e a apreciar o que te rodea, descubrirás algunhas das moitas maravillas desta comarca, neste caso, as incribles construccións modernistas de Rodolfo Ucha.
Nacido a finais do século XIX, Rodolfo dedica gran parte da súa vida ao estudo, pasando por Santiago e Ferrol para terminar chegando á universidade en Madrid, onde especializaríase no ánbito da arquitectura para terminar chegando novamente a Ferrol. Neste punto, en 1908, convertese no arquitecto municipal da cidade, e encargase dalgunhas das construccións máis relevantes e emblemáticas da actual cidade. Gracias a isto, conseguiría proxectos para a marina, e outras cidades do país, o cal levaríano a gañar renome por toda España. Sen dúbida, unha das grandes caras da historia de Ferrol.

SUSO BASTERRECHEA•Seguindo coa liña de autores e figuras importantes da cultura ferrolana, chegamos ao momento de falar ...
04/05/2020

SUSO BASTERRECHEA

Seguindo coa liña de autores e figuras importantes da cultura ferrolana, chegamos ao momento de falar de Suso Bastarrechea.
Suso actualmente é político, profesor e polo que decidimos falar del, pintor. Cursou o grado de belas artes en Salamanca pero previamente xa iniciara os seus pasos na pintura, na súa niñez, asistindo a clases particulares de pintura. Todos estos anos de aprendizaxe levaríano a crear a súa propia identidade e estilo, tremendamente cargado de ironía e sátira política, o cal permitiríalle gañar recoñecemento por todo o país. E ata chegar á actualidade, que como dicíamos, ocúpase de varios traballos distintos aos de pintor, que son o de político e profesor de instituto.
A súa personalidade extravagante e a súa particilar visión do mundo, lévano a convertirse na maior inspiración de moitos dos xoves ferrolanos que pasan pola súa aula, ou pola contra, nun personaxe incoherente e odiado polos seus rivais políticos.

VARI CARAMÉS•Vari Caramés forma parte dos diversos artistas ferrolanos que trataremos nos seguintes posts, un home que l...
04/05/2020

VARI CARAMÉS

Vari Caramés forma parte dos diversos artistas ferrolanos que trataremos nos seguintes posts, un home que leva casi toda a súa vida ligado a fotografía e o arte.
Como dicía, Vari é un fotografo que entrou neste mundo da man do seu pai, quen, cando tiña catorce anos, regaloulle un cámara coa que poder documentar e retratar os diversos traballos artísticos que este realizaba.
Dende entón, Vari dedicou a súa vida a realizar todo tipo de traballos fotográficos nos que principalmente busca a creación de atmósferas irreais, pesadas, cargadas de néboa e fantasiosas. Sen dúbida, un dos nomes que máis enorgullecen á cidade de Ferrol.

Se queres coñecer máis sobre a vida e obra de Vari, podes visitar o seguinte enlace: https://www.qwertymagazine.com/vari-carames/

ACERO SOBRE EL AGUA•"Acero Sobre el Agua" é un foto documental publicado no ano 1991 polo escritor, periodista, fotógraf...
04/05/2020

ACERO SOBRE EL AGUA

"Acero Sobre el Agua" é un foto documental publicado no ano 1991 polo escritor, periodista, fotógrafo, e fenés, Ramón Loureiro. Nel, retrátase a realidade do traballo no Bazan, unha das empresas máis importantes (se non a que máis) da comarca Ferrolterra.
O asteleiros de Ferrol levan séculos sendo o orgullo e insignia da comarca, e a finais do século vinte, Bazán convertiuse no principal motor económico da zona, formando parte por sempre da historia e a cultura dos feneses e ferrolanos.
Pero deixando un pouco de lado a cultura que retratase neste libro, cabe destacar sobretodo o súa grande calidade artística.
Cargado coa súa vella Leica e un par de carretes, Ramón logra crear escenarios case de fantasía, con imaxes imposibles e cunha gran maestría e uso da luz digna de estudio.
Sen dúbida, unha obra cargada de emoción e cariño, por parte dun home que levaba, e leva, o traballo do mar no seu sangue.

Dirección

Ferrol

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Louw____ publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir