01/11/2026
TEMOS NOVO LIBRO!!!
https://tienda.adrapallon.com/product/ferra-lo-vento
FERRA-LO VENTO nace no monte, onde a besta e a montaña parecen compartir unha mesma materia. Corpos que atravesan a néboa, a neve e o vento seguindo unha orde que non é a nosa. Fronte a eles aparece o ser humano e, con el, a necesidade de distinguir, ordenar e deixar sinal.
A primeira marca escríbese sobre o corpo. Letras, números e signos converten o ferro nun alfabeto de propiedade, nunha maneira de facer recoñecible e propio aquilo que permanece no monte. Arredor desa marca constrúese a relación dos besteiros coas bestas: xuntalas, conducilas, pechalas, rapalas, levalas á feira, montalas.
Máis adiante, a escritura cambia de escala. As pistas abertas para os eólicos debuxan novas formas sobre a montaña. O ferro que antes deixaba o seu sinal na besta érguese agora sobre o territorio para capturar a forza invisible que o atravesa. O corpo e a paisaxe quedan así unidos por dous sistemas de marcas, dúas maneiras de inscribir o humano sobre aquilo que se move.
Entre unha marca e outra queda unha tensión: a vontade de facer propio aquilo que se move, aquilo que escapa. Ferrar a besta. Ferrar a montaña. Ferra-lo vento.
FERRA-LO VENTO
• Nº de páxinas: 184
• Dimensións: 24 x 32 cm
• Fotografías: Adra Pallón Adra Pallón
• Concepto e edición: Belén Cordero Belén Cordero e Adra Pallón Adra Pallón
• Deseño: Belén Cordero Belén Cordero e Al Carballido (Novagarda)
• Texto: Nieves Neira
• Colaboran: Vicepresidencia Depu. Lugo e
O LIBRO XA ESTÁ Á VENDA. PODES CONSEGUIR O TEU EXEMPLAR A TRAVÉS DO ENLACE DA BIO.
Ferra-lo Vento nace no monte, onde a besta e a montaña parecen compartir unha mesma materia. Corpos que atravesan a néboa, a neve e o vento seguindo unha orde que non é a nosa. Fronte a eles aparece o ser humano e, con el, a necesidade de distinguir, ordenar e deixar sinal. A primeira marca escr....